subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso acendeu o seu alumeado de Nadal, que manterá ata o día 6 de xaneiro


orosoNa liña do alumeado do ano pasado, o concello quere sorprender á veciñanza cun alumeado especial e variado, con elementos novos e coa intención de que Oroso viva unhas festas diferentes pero especiais.

“O alumeado é o primeiro paso e despois, en función tamén da evolución epidemiolóxica, presentaremos a mellor programación de Nadal posible nas actuais circunstancias”, explica o alcalde, Manuel Mirás.

“Que ningún veciño ou veciña teña dúbidas, o concello quere que Oroso disfrute do Nadal, coidándonos entre todos pero sen esquecer que son unhas datas moi especiais, sobre todo para os máis pequenos”, engade Mirás.