subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

As orosás Sara Soneira e Sara Gacio, medallas de prata e bronce no III Open Internacional Vila de Moaña, que reuniu a 350 competidores.


orosoO Concello de Oroso felicita ás orosás Sara Soneira Balado e Sara Gacio Cendal, deportistas do Club de Taekwondo Boudsport, que veñen de conseguir as medallas de prata e bronce no III Open Internacional Vila de Moaña, un evento que reuniu a 350 competidores no pavillón de Reibón (A Xunqueira). Ambas deportistas gañaron as súas preseas na modalidade de combate fronte a competidoras chegadas de toda a xeografía galega e Portugal.

oroso Sara Soneira Balado obtivo a medalla de prata na categoría cadete mentres que Sara Gacio Cendal conseguiu a medalla de bronce na categoría junior, categoría na que conseguira a medalla de prata o pasado 23 de setembro no Open Internacional Cidade de Ourense.