subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Cancelada a saída ao Aquapark.


 

A saída prevista para hoxe ao Aquapark de Cerceda queda CANCELADA por motivos alleos ao Concello de Oroso e posponse ao luns 28 de agosto. A primeira hora desta mañá, o Concello recibiu unha comunicación dos responsables do parque acuático indicando que hoxe non abre as súas portas por mor da previsión de precipitacións.

Desde o Aquapark informan de que a chuvia supón risco de accidentes ao facer esvaradizas as superficies de varias zonas de paso.
A saída adíase, por tanto, ao vindeiro 28 de agosto, no mesmo horario. Todas as persoas que contaban con praza para hoxe mantéñena na nova data.