subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso, o CEIP Camiño Inglés, o Obradoiro CAB e a Fundación Heracles asinarán un acordo para a creación dunha escola de baloncesto.


 

O Concello de Oroso, o CEIP Plurilingüe Camiño Inglés, o Obradoiro CAB e a Fundación Heracles asinarán o vindeiro mércores, 26 de xullo (12:00 horas), un acordo de colaboración para a creación da escola de baloncesto ‘Camiño Inglés Obradoiro Oroso’.

No acto de sinatura, no Centro Cultural de Sigüeiro, participarán: Manuel Mirás, alcalde de Oroso; José Luís Mateo, director xeral do Obradoiro CAB; Francisco Ávila, director do CEIP Plurilingüe Camiño Inglés; e José Ángel Casal, presidente da Fundación Heracles.

Tras a sinatura, explicarán as características e o funcionamento deste novo proxecto deportivo.