subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso abre o prazo de tramitación dos carnés de aboado da piscina municipal, que abrirá a partir do 1 de xuño.


 

O Concello de Oroso vén de abrir o prazo de solicitude dos carnés de aboado para a piscina municipal de Sigüeiro, que abrirá as súas portas para a campaña de verán o próximo 1 de xuño. Unhas instalacións que estarán abertas todos os días da semana en horario de 11:00 a 21:00 horas.

Os prezos dos carnés mantéñense sen incrementos sobre os últimos anos. Así os veciños e veciñas empadroados en Oroso terán un desconto de 7 euros sobre a tarifa xeral: 17 euros (de 4 a 16 anos) e 25 euros (maiores de 16 anos). As persoas non empadroadas terán unha cota de 24 euros (de 4 a 16 anos) e de 32 euros (maiores de 16 anos). A maiores, o Concello de Oroso establece un desconto do 20% para familias numerosas. O prezo das entradas será de 1,5 euros (de 4 a 16 anos) e 2 euros (maiores de 16 anos).

Os veciños e veciñas interesados en tramitar o carné de socio deberán presentar a solicitude e abonar as cotas on-line a través da páxina web municipal (www.concelloooroso.com, sección “Instalacións Deportivas”). Para optar aos descontos por familia numerosa será preciso achegar o correspondente xustificante mentres que as novas altas deberán entregar unha foto tamaño carné.