subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Sesenta nenos e nenas de Oroso aprenden a facer cup-cakes de Entroido.


orosoUn total de sesenta nenos e nenas de Oroso, repartidos en tres quendas de vinte pequenos, participaron nun obradoiro gratuíto de elaboración de cup-cakes de Entroido. Uns talleres organizados polo Concello de Oroso e impartidos por Xandobela no centro cultural de Sigüeiro para nenos e nenas de entre 4 e 13 anos.

Para a mañá do mércores 1 de marzo queda o segundo obradoiro gratuíto: Rosquiñas de Entroido, no que a demanda rexistrada obrigou a incrementar as orixinais 20 prazas convocadas. Finalmente, serán 50 os nenos e nenas, todos eles maiores de 6 anos, os que participarán neste taller, que terá lugar en tres grupos entre as 10:45 e as 13:30 horas.