subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Os combos pop-rock da Escola de Música de Oroso enchen o centro cultural no seu Concerto de Entroido.


Os rapaces e rapazas ofreceron un coidado concerto con grandes pezas do pop.-rock nacional e internacional

orosoO salón de actos do centro cultural de Sigüeiro quedou pequeno para acoller o concerto dos combos da Escola de Música de Oroso, no que tres grupos, un dúo e dúas solistas sorprenderon ao público presente coas súas interpretacións de grandes éxitos do pop-rock nacional e internacional. Unhas actuacións que foron moi aplaudidas polos más de cen veciños e veciñas que encheron o salón, nun acto presidido polo concelleiro de Cultura, Luís Rey Villaverde.

O concerto comezou co debut de “Los lunnis”, un grupo composto por catro nenos de 9 anos (Jacobo, Marco, Uxío e Joel), que interpretou “Another Dime” e “Cashville”. Despois chegou o momento do “combo convidado”, procedente de Ordes. Iria, Mónica, María, Martín, Pablo e Lucía interpretaron de xeito brillante dúas pezas “Eternal flame” (The Bangles) e “Simply the best” (Tina Turner). Pecharon a actuación dos grupos os locais “Los ángeles de Pablo” (Tomás, Iago, Jesi, Carmen e Iria) con “Take me to church” y “Yo más te adoro”.

Logo chegou a quenda de dúas solistas, que actuaron co acompañamento musical dos profesores da Escola de Música de Oroso e arrancaron algunhas das ovacións máis fortes da noite. Fátima interpretou “Moonlight shadow” (Mike Oldfield) e “The house of the rising sun”, unha das pezas máis aplaudidas da noite. Pola súa banda, Inma e a súa guitarra fixeron viaxar no tempo a moitos dos presentes con pezas como “La senda del tiempo” (Celtas Cortos), “Cadillac Solitario” (Loquillo) e “Y sin embargo” (Joaquín Sabina). Pecharon o espectáculo dous dos integrantes de “Los ángeles de Palbo”, Carmen (voz e guitarra) e Tomás (voz e batería), que souberon rematar as actuacións da xornada co público en pe e coreando as súas cancións.