subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza un curso gratuíto de deseño con QCAD.


orosoO Concello de Oroso convoca un Curso de Deseño con QCAD, que terá lugar entre o luns 9 e o xoves 12 de xaneiro en horario de 10:00 a 12:00 horas. Un curso gratuito, de dez horas de duración que terá lugar na Aula CeMIT de Sigüeiro-Oroso e para o que é preciso matricularse antes do 9 de xaneiro neste enlace: https://cemit.xunta.gal/es/actividade/19547.

Este curso pretende iniciar ao alumnado nesta aplicación de deseño asistido por ordenador, cuxa función é a representación gráfica de carácter técnico. Un obxectivo que se conseguirá a través de exemplos sinxelos, de feito que os alumnos e alumnas aprendan a manexar esta ferramenta informática, dende a súa configuración inicial ata a saída dos traballos a impresión. O Concello de Oroso convoca un total de 10 prazas, que deberán cubrirse antes do 9 de xaneiro. O único requisito e ter un mínimo de 16 anos.