subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Dezaseis postos participan na primeira edición do Mercado da Artesanía de Oroso.


orosoUn total de dezaseis postos participaron este venres na primeira edición do Mercado da Artesanía de Oroso, que tivo lugar nas rúas Xuncal e Río Lengüelle, así como na praza Isaac Díaz Pardo. Entre as 10:00 e as 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, todos os veciños e veciñas tiveron á súa disposición distintas ofertas de artesanía, dende xoias, prendas de coiro e zapatillas deportivas, ata produtos do campo ou doces artesanais.

Aínda que o tempo non acompañou, a chuvia non molestou nin aos vendedores nin aos clientes, xa que os postos acomodáronse ao longo dos soportais das rúas Xuncal e Lengüelle, mentres que os tres postos máis grandes, emprazados na praza Isaac Díaz Pardo, levaban carpa.