subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Uns 60 nenos e nenas do CEIP Camiño Inglés pídenlle os agasallos a Papá Noel a través dunha videoconferencia na Aula CeMIT Oroso.


orosoAlgo máis de sesenta nenos e nenas do CEIP Camiño Inglés, menores de 5 anos, participaron esta mañá nunha videoconferencia con Papa Noel organizada polo Concello de Oroso a través da rede CeMIT. Un acto que se realizou en dúas quendas de media hora cada unha para que todos os pequenos e pequenas puideran pedirlle os seus agasallos de Nadal a Papá Noel, quen lles respondeu dende Laponia grazas ás novas tecnoloxías.