subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso e Escuela Contalento convocan o Christmas Camp, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.


Terá lugar ao longo de 11 días das vacacións de Nadal e inclúe inmersión lingüística en inglés.

O Concello de Oroso e Escuela Contalento convocan o Christmas Camp 2016, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e que terá lugar no CEIP do Camiño Inglés ao longo de once días, coincidindo coas vacacións escolares (22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro). Ademais das tradicionais actividades lúdicas, manualidades e xogos, o programa ten como característica que se imparte en inglés.

As cotas de inscrición dependen do número de horas nas que o neno ou nena participe na actividade (5 ou 8 horas) e de se queda a xantar ou non. A pesar de ser un día máis ca o ano anterior, os prezos xerais manteranse nos 60 euros (para o horario de 9:00 a 14:00 horas) e rebáixanse aos 80 euros (de 7:30 a 15:30 horas). A maiores, a colaboración do Concello de Oroso e a Escuela Contalento permitirá que os pais e nais poidan escoller o horario e o servizo que mellor se adecúe ás súas necesidades.

Tamén haberá acceso a servizos como almorzo (2 euros), xantar (5 euros) ou merenda (3 euros). As persoas interesadas en que os seus fillos e fillas poidan participar no Christmas Camp 2016 deberán formalizar a inscrición no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro (981 69 09 03) ou na Escuela Contalento, no paseo do Carboeiro 9 (881 981 905 ou 604 002 616).