subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Asociación da natureza de Oroso. ORO-NATURA.


A Asociación da Natureza de Oroso "ORO-NATURA" constitúese na parroquía de Marzoa, no Concello de Oroso no ano 2008 como unha asociación sen ánimo de lucro.
Entre os seus fins principais destaca o estudo dos elementos básico que forman o medio natural do término municipal de Oroso, traballar na protección de todos os ecosistemas, dar a coñecer a riqueza biolóxica do medio natural, favorecer unha conducta acorde co desenvolvemento sostible, ...

Para levar a cabo estes fins, dende a asociación organizaranse actividades como:

  • Informes, mostraxes, ou publicacións
  • Excursións, charlas, conferencias, cursos, ...
  • Presentar alegacións ou denuncias por delitos medio-ambientais
  • ...

Como facerse socio

Para formar parte como socio de ORO-NATURA, deberá presentarse nas dependencias da asociación unha petición por escrito da persoa interesada.
Unha vez presentada a solicitude, a Xunta Directiva tomará a decisión da admisión do asociado ou asociada.

Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidades de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que teñan interese polo desenvolvemento dos fins da asociación.
Asemesmo poderán ser integrantes da asociación na súa sección xuvenil, os menores non emancipados de máis de 14 anos co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban supli-la súa capacidade.

Recibir máis información

Se desexas recibir máis información acerca da Asociación da Natureza de Oroso "ORO-NATURA", rechea o seguinte formulario.
Grazas.