subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novas do Concello

orosoOroso ofrece bonificacións fiscais ás empresas.
As empresas que se instalen nos polígonos industriais de Oroso ou amplíen as súas instalacións poderán ter ata tres anos de bonificacións fiscais sempre que xeren novos postos de traballo no municipio. Así consta na proposta que o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, levará á próxima sesión plenaria para modificar a ordenanza fiscal reguladora do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e introducir bonificacións para os inmobles onde se proceda á implantación ou ampliación dunha nova actividade económica ou empresarial e que sexa declarada de especial interese ou utilidade municipal polo seu fomento do emprego.


orosoAbrese o prazo nos cursos da Aula Mentor.
O Concello de Oroso, a través da Aula Mentor EducaOroso, abre o prazo de inscrición nos módulos 1, 2 e 3 do curso Cisco CCNA 6 e no módulo 4 do CCNA 5, ademais dun novo curso formativo: “Linux Essentials”, de introdución ao sistema operativo Linux. A matrícula poderase realizar na Aula Mentor EducaOroso (rúa do Deporte 7, Sigüeiro) ou no 981 688 950 dende hoxe e ata o vindeiro 8 de febreiro.


orosoSegunda edición do Concurso de Escaparates de Nadal.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, entregou os premios da segunda edición do Concurso de Escaparates de Nadal, no que participaron trece establecementos e que se levou a cabo entre o 15 de decembro e o 6 de xaneiro. O gañador do certame foi UVE Moda, cuxos 45 puntos lle outorgaron un premio de 300 euros; seguido de preto por Petiscos Doces (44 puntos) e La Bellota (43 puntos), que levaron un premio de 200 e 100 euros, respectivamente.


orosoOroso inviste máis de 325.000 euros na mellora da rede viaria.
O Concello de Oroso licita, por 326.659 euros, melloras na rede viaria das parroquias de Trasmonte, Vilarromarís, A Gándara e Calvente. Unhas licitacións publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia e financiadas pola Deputación da Coruña a través do seu Plan Único. As obras contan cun prazo de execución de seis meses.


orosoConcurso de Postais de Nadal.
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, entregou durante a Festa de Reis os premios do tradicional Concurso de Postais de Nadal con Mensaxe do Concello de Oroso. Os gañadores deste ano son Óscar Boo Platas (categoría de 4 a 6 anos), Mónica Conde Castiñeira (categoría de 7 a 9 anos), Elba Blanco Martínez (categoría de 10 a 13 anos) e Miguel Vázquez Varela (categoría de maiores de 14 anos).


orosoAnimais abandonados.
O centro cultural de Sigüeiro (Oroso) acolleu esta mañá a xunta de voceiros da Federación Galega de Municipios e Provincia, na que se volveu solicitar unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente para trasladarlle o malestar dos municipios tras a aprobación da nova Lei de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia. Neste sentido, os Concellos coincidiron na necesidade de acompañar esa lei dunha liña orzamentaria polas novas responsabilidades que supón para o municipalismo.


Linea Verde Oroso

Sede Electrónica

Facturación Electrónica

Reservas On-line

Tributos

Boletin Informativo

Memoria Oroso n1

Avisos

>> Publicada a listaxe provisional de admisións e exclusións para a selección dun técnico do Centro de Estudos e Investigación do Camino Inglés do Concello de Oroso e formación dunha bolsa de emprego.

>> Publicada a acta do primeiro exercicio e convocatoria do segundo exercicio para a convocatoria de selección de un oficial de primeira.


perfil do contratante

oep2010

Biblioteca

Guía Turística

liña-directa

pxom

educaoroso

aula mentor

guía historia en imaxes

descargas

galeria imaxes

acceso interno